Petasites
Petasites
[PLANTA]
Xénero de plantas dioicas, da familia das asteráceas, cos capítulos con brácteas nunha ou dúas ringleiras, dispostos en corimbos terminais e froito en aquenios con vilano. En Galicia está presente a especie P. fragans nas beiras dos camiños ou xardíns.