Petroliber

Petroliber

Compañía petroquímica con sede na Coruña, fundada en 1961 pola Compañía Ibérica de Petróleos SA e The Ohio Oil Company, cun 54% de participación estatal e co nome de Compañía Ibérica Refinadora de Petróleos SA. En 1964 inaugurouse a súa refinaría en Bens (A Coruña). Dependeu do Instituto Nacional de Industria ata 1981, en que pasou a forma parte do Instituto Nacional de Hidrocarburos. Foi absorbida en 1985 pola Empresa Nacional de Petróleos, que posteriormente deu lugar a Repsol (1987).