pexa
pexa
(< lat v *pĕdĕa< lat pĕdĭca ‘lazo, trampa’)
-
s
f
-
Obxecto de madeira, formado por tres paus, que se adapta ás patas dunha res ou cabalo, para limitar os seus movementos e evitar que fuxa.
Sinónimos: piega. -
Corda ou cadea que se pon nas patas dun animal para evitar que fuxa.
Sinónimos: apea, piega, solta, traba. -
Corda ou cadea que se lle pon a unha cousa para evitar que sexa roubada.
Ex: Esqueceuse de poñerlle a pexa á moto e roubáronlla.
-
-
s
f
Impedimento ou obstáculo que dificulta o normal desenvolvemento ou realización dunha acción ou proceso.
Ex: Non puxeron ningunha pexa á nosa presenza.
Sinónimos: traba.