peza
(< celta *pĕttĭa‘anaco’)
-
-
s
f
Cada unha das partes que, xuntadas convenientemente unhas con outras, forman un obxecto.
Ex: Desmontou o reloxo e agora sóbranlle pezas.
-
peza anatómica
[ANAT]
Cada unha das partes dun cadáver preparada para os estudos anatómicos.
-
peza polar
[FÍS]
Parte do circuíto magnético dunha máquina eléctrica situada entre a culata e o entreferro, que comprende o núcleo e, eventualmente, a expansión polar.
-
s
f
-
s
f
-
Obxecto ou elemento independente que forma parte dun conxunto.
Ex: Regaláronlle unha vaixela de vinte e seis pezas. Colleu as pezas do xadrez para botar unha partida.
-
Obxecto interesante ou precioso coleccionable ou que forma parte dunha colección.
Ex: Eses torques celtas son pezas de museo.
-
-
s
f
Cousa ou produto concibido como parte doutros da mesma especie.
Ex: Trouxo dúas pezas de pan e tres pezas de mazás.
-
s
f
-
Calquera dos elementos que constitúe unha vestimenta.
Ex: Foi ver se compraba algunha peza de roupa.
-
Anaco de tea, coiro ou outro material, que se cose a unha peza de roupa para reforzala ou taparlle algún roto.
Ex: Botoulle unha peza á chaqueta porque xa a tiña gastada nos cóbados.
Sinónimos: remendo, tomba. -
Porción de tecido.
Ex: Fixo o vestido cunha peza de liño.
-
-
s
f
Cada unha das dependencias en que está dividida unha casa.
Ex: Esta peza da casa é moi húmida.
-
s
f
Porción dunha terra de labor.
-
s
f
Animal que se caza ou pesca.
-
s
f
Obra musical ou teatral, especialmente cando é breve.
-
s
f
[BÉL]
Arma de fogo non portátil, especialmente de artillaría.
-
s
f
[NUMIS]
Designación dunha moeda con relación ao seu valor nominal.
-
s
f
Espazo de tempo que lle corresponde a alguén para regar unha leira ou para usar o muíño.
-
s
f
[HERÁLD]
Clase de carga heráldica que se representa nun escudo de armas. Son representacións xeométricas que ocupan sempre o mesmo lugar no campo do escudo. Aínda que non hai consenso entre os heraldistas, a clasificación máis difundida e tradicional divide as pezas en: pezas honorables ou de primeira orde, pezas honorables diminuídas e pezas de segunda orde. As pezas honorables ou de primeira orde xeralmente admitidas son o xefe, o pau, a faixa, a banda, a barra, a cruz, a aspa, a cabria, o bordo, a orla, a perla, a campaña, o xirón, a pira, o trechor, o cantón, o franco cuartel e o lambel. As pezas honorables diminuídas, que derivan da variación das proporcións das pezas honorables, son a vara, a divisa, a burela, a xemelga, a cotiza, o bastón, a filieira, o lazo e as tenaces. As pezas de segunda orde son as plumas, os puntos equipolados, o xadrez, os fretes, os losanxes, os fusos, os besantes, os roeis, as mallas, os rustros, os billetes, os aneliños, os danteis e o papelonado.
-
s
f
Persoa que se comporta de malas maneiras ou que ten malos costumes.
Ex: Éche unha boa peza ese teu fillo!
Frases feitas
-
Non soltar peza. Non dicir nada daquilo que lle interesa saber a outras persoas.
-
Ser unha boa peza. Non ser unha persoa de fiar.