Phillips, curva de
Phillips, curva de
Representación gráfica da relación existente entre a porcentaxe de paro e a taxa de aumento dos salarios, segundo Alban William Housego Phillips, en 1958. Demostrou que no período 1861-1957, en Reino Unido, a relación destas dúas variables foi inversa dunha maneira estable; isto contradicía a recomendación de que para reducir o paro había que baixar os salarios.