Phlebia

Phlebia
[FUNGO]

Xénero de fungos, da familia das corticiáceas, formados por superficies moi extensas de cor alaranxada ou avermellada, con pregaduras que poden orixinar poros. Viven sobre pólas caídas. En Galicia dáse a especie P. radiata.