Photo League
Photo League
Organización fotográfica creada en Nova York en 1936 a partir dun colectivo de traballadores de cine e fotógrafos, o Worker’s Film and Photo League (1928). Inspirado pola escena política radical que se vivía en Alemaña a finais da década de 1920, Sid Grossman impulsou a formación deste colectivo. O seu propósito inicial foi prover de imaxes das folgas e manifestacións políticas a xornais de esquerdas, ademais de publicalas no seu boletín Photo-Notes, pero logo tamén se retratou a forma de vida da clase obreira. Desapareceu en 1951.