Piaggio

Piaggio

Empresa fundada en Sestri Ponente (Xénova) en 1884 por Rinaldo Piaggio (1864-1938), que comezou fabricando accesorios navais para logo diversificar a súa produción ao campo ferroviario e, coa Primeira Guerra Mundial, á fabricación aeronáutica. En 1946 Enrico Piaggio (1905-1965) comezou a construción da motocicleta Vespa, deseñada polo enxeñeiro aeronáutico Corradino D’Ascanio.

Palabras veciñas

Piaf, Édith | piafar | Piaget, Jean | Piaggio | piago | Piagos | Piagos, chao de