3 pica
-
s
f
[ANIMAL/ORNIT]
Ave da familia dos motacílidos, do xénero Anthus, que presenta cores pardas apagadas e con listas, co peteiro e rabo longos. Aliméntase de pequenos invertebrados.
-
pica das árbores
[ANIMAL/ORNIT]
Ave de 15 cm, sen dimorfismo sexual, que se caracteriza por ter a plumaxe acastañada con manchas raiadas máis escuras. Vive nos lindeiros dos bosques e en campos abertos con poucas árbores, practicamente en toda Europa. En Galicia a súa presenza é estival, e pode verse en todo o territorio.
-
pica dos prados
[ANIMAL/ORNIT]
Ave de 14,5 cm aproximadamente, que presenta plumaxe parda oliva e pencas escuras. Vive en prados e campo aberto no N e centro de Europa; en Galicia é invernante en todo o territorio.
-
pica papuda
[ANIMAL/ORNIT]
Ave de 16,5 cm de lonxitude, de cor areosa con pencas máis escuras, que vive nas montañas e en montes baldíos, desde o Mediterráneo ata o Báltico, durante o estío. En Galicia pode verse en paso durante a época estival, na provincia de Ourense e S de Lugo.
-
pica patinegra costeira
[ANIMAL/ORNIT]
Ave de 16,5 cm de lonxitude, que presenta plumaxe cincenta no dorso e parda no ventre, e con pencas máis escuras. As patas son escuras e os sexos iguais. Vive en marismas e esteiros do N de Europa; na Península Ibérica e Galicia é invernante, e pode observarse nas zonas costeiras de toda a rexión.
-
pica patinegra montesa
[ANIMAL/ORNIT]
Ave de 16,5 cm de lonxitude, semellante á especie anterior pero coa plumaxe estival co peito rosado e sen manchas, e no inverno co peito claro sen manchas. Habita nas zonas montañosas, polo que se distribúe irregularmente por Europa, en zonas de alta montaña. En Galicia é sedentaria, e pode verse en zonas montañosas de Lugo e Ourense.