picanzo
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Nome común co que se coñecen as aves da familia dos lánidos. Presentan a fronte e os lados da cabeza de cor negra brillante, e a parte superior da cabeza e a posterior do pescozo de cor gris, co pico ganchudo. Predan sobre outras aves, micromamíferos, réptiles e insectos.
-
picanzo real
[ANIMAL/ORNIT]
Ave de 24 cm de lonxitude, sen dimorfismo sexual, que presenta dorso gris escuro, peito rosado e ás negras cunha raia branca. As patas e o peteiro son negros. Vive en zonas de monte baixo ou arboradas con mato, e distribúese por case toda Europa; en Galicia é sedentaria e non adoita estar nas zonas costeiras.
-
picanzo rebordá
[ANIMAL/ORNIT]
Ave de aproximadamente 18 cm de lonxitude; o macho ten a caluga e o curuto vermellos e o resto do corpo alterna o negro con algo de branco nas ás, na mitra, no ventre e en dúas franxas no dorso. Viven en zonas de campo aberto con árbores espalladas e arbustos. De carácter estival, pode localizarse na parte S de Galicia, especialmente en Ourense.
-
picanzo vermello
[ANIMAL/ORNIT]
Ave de aproximadamente 17 cm de lonxitude, que presenta certo dimorfismo sexual; o macho ten a cara branca cun anteface negro, a cabeza e a mitra gris, o dorso pardo avermellado, o peito pardo moi claro e a cola negra, coas rectrices externas brancas. A femia é parda polo dorso e ten o ventre con liñas horizontais castañas, e o anteface da cara pardo. Vive en zonas de mato. Estival, pode localizarse en case toda Galicia, sobre todo no interior.