picar

picar

(< orixe expresiva)

  1. v t
    1. Ferir superficialmente cun obxecto rematado en punta.

      Ex: Picou as pernas nas silvas. A enfermeira picoulle o dedo para sacarlle sangue.

    2. Ferir ou punzar un animal co seu aguillón ou peteiro. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cando a galiña pica ao galo, malo, malo. Cando o galo pica á galiña, sinal de pitos axiña”.

      Ex: Os pardais picaron todas as cereixas. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: As abellas pican.

  2. v t

    Cortar algo en anacos pequenos.

    Ex: Pícalle ben esa carne para que lle sexa mellor de comer. Picou a leña que estaba no alpendre.

  3. v t

    Facer un ou varios buratos en algo cun obxecto rematado en punta.

    Ex: O revisor picou todos os billetes menos o meu. Picou a roda cunha punta.

  4. v t

    Dar golpes cun martelo, unha maza, un pico ou outro instrumento apropiado.

    Ex: O teu irmán picou a parede onte pola mañá. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: O canteiro picou durante horas e horas.

  5. v t

    Aguilloar unha cabalaría coas esporas.

    Ex: Picou o cabalo para saltar o regato.

  6. v t

    Facer buratos nun tecido a traza ou a humidade.

    Ex: A traza picoulle todo o traxe.

  7. v t

    Tomar unha pequena cantidade de comida ou tomala pouco a pouco.

    Ex: Pasade e picade algo con nós. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Á noite non quere cear porque pica toda a tarde.

  8. v t

    Inxectar un fármaco.

    Ex: O veterinario picoulle un antibiótico á xovenca.

  9. v t e i

    Morder un peixe o anzol.

    Ex: A faneca picou o cebo. Cando a troita picou, puxei da cana.

  10. v t

    Incitar ou provocar a alguén con palabras ou accións.

    Ex: Picouno ata que conseguiu que reaccionara. Non me piques se non queres que che conteste mal.

    Confrontacións: esporear.
  11. v i
    1. Producir ou sentir proído ou comechón nunha parte do corpo.

      Ex: Coidado con esas herbas que pican moito. Moito lle pican as pernas coa auga salgada. Onde che pica?

      Sinónimos: proer.
    2. Producir certos alimentos no padal ou na lingua unha sensación de ardor.

      Ex: Os pementos de Padrón, uns pican e outros non.

  12. v i

    Descender bruscamente unha ave ou un avión.

  13. v i

    Caer nun engano.

    Ex: Picou, e perdeu todos os aforros.

  14. v pron

    Ferirse superficialmente cun obxecto rematado en punta.

    Ex: Piqueime coa agulla mentres cosía.

  15. v pron

    Perder o aire que contiña un corpo ao ser furado por un obxecto rematado en punta.

    Ex: Moito chorou a nena cando se lle picou o globo.

  16. v pron

    Formarse buratos nunha tea ou materia.

    Ex: Picáronse as sabas de estar tantos anos gardadas.

  17. v pron

    Levantar o vento ondas no mar.

    Ex: Coa chegada da borrasca picouse o mar.

  18. v pron

    Estragarse o viño ou o leite.

  19. v pron

    Ofenderse alguén por unha palabra ou acción.

    Ex: Picouse todo porque non o invitamos á festa.

  20. v pron

    Ter carie unha moa ou dente.

  21. v pron

    Inxectarse algún fármaco.

  22. v

    Termo da xerga das palilleiras que designa a acción de realizar os picados.

Palabras veciñas

picapau | picapeixe | picaporte | picar | picaraña | Picaraño, O | Picard, Auguste
Conxugar
VERBO picar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pico
picas
pica
picamos
picades
pican
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
picaba
picabas
picaba
picabamos
picabades
picaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
piquei
picaches
picou
picamos
picastes
picaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
picara
picaras
picara
picaramos
picarades
picaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
picarei
picarás
picará
picaremos
picaredes
picarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
picaría
picarías
picaría
picariamos
picariades
picarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pique
piques
pique
piquemos
piquedes
piquen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
picase
picases
picase
picasemos
picasedes
picasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
picar
picares
picar
picarmos
picardes
picaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
pica
-
-
picade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
picar
picares
picar
picarmos
picardes
picaren
Xerundio picando
Participio picado
picada
picados
picadas