picardo -da

picardo -da

(< topónimo Picardie)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Picardie, aos seus habitantes ou á súa lingua.

  2. s

    Natural ou habitante de Picardie.

  3. s m [LING]

    ariedade da lingua de oïl, que se fala en Picardie, na parte occidental da provincia belga do Hainaut, onde se recoñece oficialmente o picardo (e tamén o valón), e nas rexións de Nord-Pas-de-Calais. Ten certa vitalidade pública con cursos de lingua autóctona e publicacións, e estúdase como materia optativa na escola. Respecto ao francés presenta varias particularidades, entre as que está o mantemento do c latino ante a (picardo: canter, cose; francés: chanter, chose); o artigo feminino la e as formas pronominais mon, ton, son toman a forma le e men, ten, sen, respectivamente.

Palabras veciñas

Picard, Jean | picardía | Picardie | picardo -da | Picardo, Juan | picaresca | picaresco -ca