Piceno

Piceno

Antiga rexión de Italia, situada entre a cordilleira dos Apeninos e o Mar Adriático, actualmente dividida entre as rexións de Marcas e Os Abruzos. Os seus habitantes presentaban características culturais e lingüísticas semellantes aos dos ilirios dos Balcáns. Das súas poboacións destacan Asculum (Ascoli Piceno), Firmum (Fermo), Ancona, Cupra Maritima, Cupra Montana, Auximum (Osimo), Numana e Adria (Atri). O territorio foi conquistado polos romanos (268 a C) e a rexión foi repartida, de acordo coa Lex Flaminia, entre colonos. En Asculum estoupou, en 90 a C, a Guerra Social, coa que conseguiron que Roma lles concedese o dereito de cidadanía. Baixo Augusto pasou a constituír a V rexión de Roma.

Palabras veciñas

Picazo, Ángel | Picea | piceno | Piceno | piche | Pichegru, Charles | Picheira, A