pícnico -ca

pícnico -ca

(< grπυκνός ‘denso’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao tipo pícnico.

  2. tipo pícnico [ANTROP/PSIC]

    Biotipo segundo a clasificación de Ernst Kretschmer que se caracteriza polo seu talle medio ou inferior, cranio grande e redondo, cara de contorno pentagonal e perfil curvo, pescozo curto, tórax ensanchado na parte inferior, extremidades e mans curtas, musculatura pouco pronunciada e de consistencia fláccida.

Palabras veciñas

Pickwick, síndrome de | picn(o)- | pícnic | pícnico -ca | picnidio | picnidióspora | picnocito