pico

pico

(< celtolatino beccu)

  1. s m
    1. Cousa ou elemento que presenta unha punta afiada.

      Ex: Colocou unha reixa con picos para que non lle entraran na súa propiedade.

    2. Puga que nace nas pólas, talos ou follas dalgunhas plantas ou na que rematan certos froitos.

    3. Puga que recobre o corpo de certos animais.

  2. s m

    Parte máis aguda ou elevada dunha cousa.

    Ex: O xersei está mal feito porque lle sae un pico dunha manga. Cando coroaron o pico do monte xa era noite pecha.

  3. s m

    Ferramenta empregada en diversos oficios, que consiste nunha peza de ferro ou aceiro, rematada en punta nun dos seus extremos, ou en ambos os dous, cun mango, xeralmente de madeira, que se adapta no ollo practicado entre os seus extremos.

  4. s m

    Parte ou porción indeterminada que excede da cantidade ou número que se expresa. OBS: Emprégase precedido da preposición e.

    Ex: Chegamos a Viveiro ás cinco e pico.

  5. s m [AERON]

    Pequeno perfil que, disposto no canto do acceso dunha á, forma unha rañura que impide o desprendemento no caso dos ángulos de acceso maiores.

  6. s m [TECNOL]

    Peza metálica, xeralmente tubular, soa ou incluída nun aparato máis complexo, polo extremo do que sae unha chama que se emprega para iluminar ou quentar. Os empregados para traballos de laboratorio teñen unha entrada de aire regulable mediante un anel xiratorio (pico Bunsen e pico Meker) ou por medio dun disco desprazable (pico Teclú). Os picos empregados para iluminar (pico de incandescencia) están provistos dunha camisa, xeralmente de algodón, impregnada nunha mestura de óxido de torio e de cerio. Forma parte tamén do soprete.

  7. pico acromegálico [PAT]

    Saída excesiva do tubérculo da sela turca, entre os dous nervios ópticos, que se fai evidente nos acromegálicos.

  8. pico de áurica [MAR]

    Verga en que se enverga o grátil dunha vela áurica.

  9. pico de cegoña [PLANTA]

    herba agulla.

  10. pico de estaño [MINERAL]

    Macla típica da casiterita.

  11. pico de loro [MAR]

    Punta da unlla dunha áncora.

  12. pico de papagaio [PAT]

    Osteófito en forma de gancho que aparece nas vértebras, sintomático da artrose.

Frases feitas

  • Estar/Andar (sempre) de pico. Ser alguén unha persoa que se ofende con facilidade.

Palabras veciñas

picnose | picnóspora | picnóstilo -la | pico | Pico | Pico da Cruz | Pico da Cruz