Picoña, pazo da

Picoña, pazo da

Construción do s XVII situada na Picoña (Salceda de Caselas). Trátase dun conxunto de varias edificacións que forman unha planta en L, cun torreón no corpo menor. Destaca a solaina de sete arcos situada sobre o soportal, que percorre a fachada principal e o acceso a través dun portal con escudo e troneiras. Ten unha capela nas proximidades de pequenas dimensións.

Palabras veciñas

picona | Picoña, A | Picoña, A | Picoña, pazo da | Picoñas, As | picoplancto | picornavirus