pícrico, ácido

pícrico, ácido
Nome científico: [2,4,6-trinitrofenol: C<sub> 6</sub> H<sub> 3</sub> N<sub> 3</sub> O<sub> 7</sub> ]
[QUÍM]

Sólido cristalino amarelo, de gusto amargo e elevada toxicidade, que se funde a 122°C. Presenta carácter oxidante e reacciona violentamente cos metais e cos óxidos metálicos. Emprégase na fabricación de explosivos, en medicina para o tratamento tópico das queimaduras e na fabricación de colorantes.

Palabras veciñas

Picoutos, Os | picrámico, ácido | picrato | pícrico, ácido | Picris | picrotoxina | Pictet, Raoul