picto -ta

picto -ta
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo picto.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo picto.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo establecido en Escocia cara ao ano 500 a C. Posiblemente de orixe precéltica, resistiron a dominación dos romanos. No s III recibiron influencias romanas e cristiás, pero a cristianización culminou con san Columbán (663). As invasións escandinavas obrigáronos a unirse cos escotos, baixo a autoridade de Kenneth I de Escocia (844-846).

  4. s m [LING]

    Lingua que se falaba no norte de Escocia e que foi substituída polo gaélico de Escocia no s IX.

Palabras veciñas

Picris | picrotoxina | Pictet, Raoul | picto -ta | pictografía | pictográfico -ca | pictograma