Pidna

Pidna

Antiga cidade fortificada de Grecia, situada na costa macedónica da Piería, no Golfo Termaico (golfo de Tesalónica). Nela libráronse as batallas que resultaron decisivas para a dominación romana de Grecia. A primeira tivo lugar no ano 168 a C, entre o Rei Perseo e o cónsul Lucio Paulo Emilio, que resultou vitorioso. En 148 a C, o pretor Quinto Cecilio Metelo sufocou as revoltas internas e a cidade foi incorporada á provincia romana da Macedonia.