Pierrot
Pierrot
[LIT/ESPECT]
Personaxe da comedia italiana en Francia. Derivado directamente de Pedrolino, da Commedia dell’Arte, o seu nome e a súa indumentaria foron divulgados e adquiriron celebridade grazas a G. Giaratoni en París (1673). Pierrot, co mesmo vestiario (casaca branca e longa con botóns brancos e negros, pantalóns longos e gorra de veludo, e co rostro abrancazado), pasou á pantomima francesa, onde adquiriu o carácter triste de namorado patético e desafortunado. Máis modernamente, e como réplica, foi creada Pierrette, a súa antítese feminina, coqueta e vivaz.