Pilar

Pilar
[ONOM]

Antropónimo feminino que procede do nome propio castelán Pilar, tomado do nome común pilar, do latín vulgar *pilare ‘piar, columna’. A orixe do culto á Virxe do Pilar baséase na lenda de que a Virxe María -que aínda vivía en Palestina- acudiu milagrosamente a visitar nas beiras do río Ebro a Santiago, mentres este estaba a orar. María aparecéuselle ao Apóstolo ergueita sobre unha columna ou piar. A súa festividade celébrase o 12 de outubro. Dos hipocorísticos destacan Pilara, Pili, Pilocha, Piruca, Pitusa.