Pilgrimage of Grace

Pilgrimage of Grace

Sublevación católica e de resistencia á Reforma levada a cabo por Robert Aske no Condado de York, Inglaterra (1536-1537). Aínda que aparentemente cun carácter exclusivamente relixioso, tiña un marcado contido político. Enrique VIII e o seu ministro T. Cromwell prometeron o perdón aos insurrectos se abandonaban as armas. Aske dispersou os seus seguidores en decembro de 1536, pero novas revoltas provocaron a súa represión e foi condenado a morte.

Palabras veciñas

Piles de Mar | Piles, Roger de | piletrombose | Pilgrimage of Grace | Pili Carrera | pili- | Pilica