pílula

pílula

(< lat pilŭla ‘bólapequena’)

s f [MED]

Medicamento elaborado con forma de bóliña, ás veces recuberto dunha capa de cor. As pílulas, na farmacia, elaborábanse manualmente; co medicamento e o excipiente facíase unha masa branda -a masa pilular-, con que se elaboraban uns cilindros -os magdaleóns-, dun diámetro aproximado ao que tería a pílula, e dunha lonxitude tal que ao dividilo en partes iguais, daba o número de pílulas desexado. O rodamento facíase sobre unha superficie plana coa axuda de pos inertes.

Palabras veciñas

Pilsen | Piltdown, home de | piltra | pílula | pilum* | Pilumno | pima