2 pimpín
(
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Ave paseriforme, de 15 cm de lonxitude, que ten unha dobre franxa nas ás e as temoneiras externas brancas. O macho ten a cabeza e caluga cinsenta, o peito e dorso castaños, e a mitra verde; a femia é parda na cabeza e dorso, e máis clara no ventre. Malia que dificilmente se pode amansar, é moi apreciado como ave de gaiola polo seu canto. É moi cosmopolita e vive en fragas, xardíns, campos de cultivos, etc. Migrador parcial, habita en toda Europa, L de Asia e N de África. En Galicia é sedentario e distribúese por toda a rexión, ata os 1.300 m de altitude.
Sinónimos: chinchín. -
pimpín piñoneiro
[ANIMAL/ORNIT]
bicogroso.
-
pimpín real
[ANIMAL/ORNIT]
Ave paseriforme, de 15 cm de lonxitude, moi semellante ao pimpín común pero coas partes superiores do macho ennegrecidas durante o verán e pardentas con manchas negras no inverno, lombo e peito roxo e rabadilla branca. É granívoro, aínda que tamén come insectos. Habita en prados, campos e parques do N de Europa e Asia, pero en Galicia é moi raro.
-
pimpín trompeteiro
[ANIMAL/ORNIT]
Paseriforme de 14 cm de lonxitude, de cor parda gris, coa rabadilla, as ás, a cara e as partes inferiores tinguidas de rosa. Habita no N de África e é accidental ao S de Europa.