pináceo -a

pináceo -a

(< lat científico Pinus)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás pináceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das pináceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de coniferais integrada por árbores e raramente por arbustos dioico, case sempre perennifolios, con follas alternas e aciculares. As flores masculinas son estrobiliformes e levan na base catafilos escamudos; os seus estames constan de dous sacos polínicos e dunha bráctea ou escama estaminífera. O aparato feminino, interpretado como unha inflorescencia, é un estróbilo ou cono pseudocárpico, que se lignifica ao madurar, e que consta de escamas seminíferas, que levan dous primordios seminais, e de escamas tectrices intercaladas. As sementes teñen o episperma lignificado e a miúdo están aladas. A polinización é anemófila e os grans de pole son vesiculares. Son propias das zonas temperadas e frescas do hemisferio norte.

Palabras veciñas

Piña | Pina de Ebro | Pina, Rui de | pináceo -a | pinacocito | pinacoidal | pinacoide