pincaouro
pincaouro
Nome científico:
[Carduelis spinus, Fam dos frinxílidos]
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Ave paseriforme de 12 cm de lonxitude. O macho ten o píleo, a barba e unha parte das ás e a cola negras; o sobrecú, as franxas das ás e os laterais da cola amarelas; as partes inferiores amarelas verdosas e as superiores listadas de manchas terrosas. É granívora, pode localizarse nos bosques e parques de Europa Central e Setentrional, e inverna en Europa Meridional. En Galicia tamén é invernante, e pode verse por todo o territorio.