Pindo, monte do

Pindo, monte do

Monte situado na parroquia do Pindo (Carnota). A súa máxima altitude, A Moa, acada os 641 m de altitude. Trátase dunha intrusión granítica do período herciniano onde son abundantes os bolos, castelos e outros exemplos de modelado granítico.