pínnula
pínnula
(< lat pinnŭla)
-
s
f
[ASTRON/XEOG]
Pequena placa metálica disposta verticalmente no extremo de determinados instrumentos astronómicos ou topográficos, e provista dunha ou máis pequenas aberturas circulares ou lonxitudinais cara ás que se dirixen as visuais para efectuar aliñacións ou medir ángulos.
-
s
f
[BOT]
Folíolo dunha folla dúas ou máis veces pinnaticomposta.
-
s
f
[ICT]
Parte destacada dunha aleta, que está situada entre as aletas anais e dorsais. Aparece no atún e noutros escómbridos.