pinza

pinza

(< fr pince ‘tenaces’)

  1. s f
    1. Instrumento que consiste en dous brazos, soldados ou articulados por un dos seus extremos, ou ben cruzados e articulados, ou ben unidos por un resorte, que permiten agarrar ou suxeitar cousas ao facer presión pola súa parte central ou polos extremos, respectivamente.

      Ex: Preciso máis  pinzas para rematar de estender a roupa. Colleu o xeo coas pinzas. Tareixa sempre leva no bolso unhas pinzas de depilar.

    2. [MED]

      Instrumento metálico, xeralmente de dous brazos, que se utiliza en cirurxía para suxeitar ou comprimir.

    3. [QUÍM]

      Nome xenérico que se lle dá a varios tipos de soportes metálicos que, por medio de dispositivos diversos, serve para aguantar partes diferentes dunha montaxe química. OBS: Adoita empregarse en plural, aínda que referido a un só instrumento.

  2. s f [ZOOL]

    Cada unha das pezas duras, móbiles e opostas, situadas normalmente no extremo das patas anteriores dalgúns crustáceos, que lles serven como órganos de presión.

    Sinónimos: tenaces.
  3. s f

    Especie de dobra que se lle fai a unha peza de roupa para diminuir a súa amplitude.

    Ex: Non lle gustan os pantalóns con pinzas.

  4. pinza de crocodilo [ENX]

    Pequena pinza de boca dentada e pechada por un resorte, que permite conectar rapidamente e provisionalmente condutores, cables e aparatos, entre outros.

Palabras veciñas

Pinturichio, Il | piñuca | Pinus | pinza | Pinza | Pinza, A | pinzamento