Piñeiro, casa do
Piñeiro, casa do
Construción situada na parroquia de Alxén (Salvaterra de Miño). Construída en cachotaría con cantaría nos esquinais, ten planta cuadrangular, con dous andares e adega. Parte do edificio puido engadirse con posterioridade. Nunha das fachadas destaca un dos escudos. Nas súas proximidades conta cunha capela datada en 1919 e no xardín sitúase unha fonte de pedra rectangular que procede doutro pazo.