piperáceo -a
piperáceo -a
(< lat científico Piper)
-
adx
Relativo ou pertencente ás piperáceas.
-
s
f
[PLANTA]
Planta da familia das piperáceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia das piperais integrada por plantas herbáceas ou leñosas, de follas simples enteiras, xeralmente alternas e con estípulas, de flores hermafroditas ou unisexuais, de ovario súpero e unilocular, dispostas en espigas ou en cimas mestas, e con froitos en baga. Comprenden unhas 1.300 especies, propias das rexións tropicais, das que destacan o bétel (Piper betle), o cubeba (Piper cubeta) e a pementeira (Piper nigrum).