pirálido -da
pirálido -da
(< lat científico Pyralis)
-
adx
Relativo ou pertencente aos pirálidos.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto da familia dos pirálidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Familia de insectos da orde dos lepidópteros, situada entre os microlepidópteros e os macrolepidópteros. Teñen órganos timpánicos abdominais e voan de noite. En repouso camúflanse colocando as ás planas sobre o corpo ou envolvendo o talo da gramínea onde se pousan. É unha familia de grande importancia ecolóxica e económica polo gran número de especies que contén (unhas 15.000, das que unhas 300 son europeas), e porque algunhas son domésticas e outras causan grandes pragas agrícolas, como as especies Pyralis farinalis, Ephestia kuehniella e Hypsopigia costalis, entre outras.