pirata

pirata

(

    1. s

      Persoa que se dedica á pirataría.

    2. pirata informático [INFORM]

      Persoa que entra nun sistema informático sen autorización para obter beneficios económicos ou causar prexuízos.

  1. adx
    1. adx

      Que non ten a licenza ou se fai sen o permiso pertinente.

      Ex: Traía a bolsa chea de programas piratas.

    2. emisora pirata

      Emisora que funciona sen autorización e, polo tanto, sen a atribución da frecuencia correspondente.

    3. edición pirata

      Edición dunha obra (disco, libro, filme, etc) realizada ilegalmente, especialmente se se fixo usurpando os dereitos dalgunha persoa ou entidade.

Palabras veciñas

piranosa | piranósido | pirarxirita | pirata | pirataría | Piratas, Los | piratear