piretrina
piretrina
s
f
[BOT]
Insecticida natural que teñen os aquenios e as flores dos crisantemos Chrysanthemum cinerariaefolium e Ch. coccineum. Obtense a partir de flores secas e pulverizadas, ou ben por síntese química. A piretrina e os insecticidas derivados (piretroides) son pouco estables ao aire libre, á humidade e aos medios básicos, e son rapidamente degradados despois da súa aplicación. Non presentan practicamente toxicidade respecto dos mamíferos.