piridoxina

piridoxina
s f [QUÍM/BIOQ]

Composto heterocíclico trihidroxilado derivado da piridina, constituínte do complexo vitamínico B6, que se atopa na casca do arroz e no lévedo. É un sólido cristalino que se funde a 160°C, soluble en auga e en alcohol. Ten grande importancia no metabolismo dos aminoácidos, e está relacionado co das graxas. É un nutriente indispensable para todas as especies animais.

Sinónimos

Palabras veciñas

piridoindol | piridoxal | piridoxamina | piridoxina | piriforme | pirilio | pirimídico -ca