pirita

pirita

(< lat pyrīte < grπυρίτης ‘da natureza do lume’)

  1. s f [MINERAL]

    Sulfuro de ferro, de fórmula química FeS 2 . Cristaliza no sistema cúbico. É de cor amarela semellante á do latón, opaca e con brillo metálico intenso. Ten unha dureza de 6.0-6.5 e unha densidade de 5.0-5.2. Os xacementos máis coñecidos atópanse en Riotinto (Andalucía) e Noranda (Canadá). Emprégase para a obtención de ácido sulfúrico.

  2. [MINERAL]
    1. s f

      Nome que reciben outros sulfuros con brillo análogo ao da pirita.

    2. pirita arsenical

      arsenopirita.

    3. pirita branca

      marcasita.

    4. pirita de cobre

      calcopirita.

    5. pirita de estaño

      estannita.

    6. pirita magnética

      pirrotina.

    7. pirita vermella de níquel

      niquelina.

Palabras veciñas

pirimidínico -ca | Pirin | pirineo | pirita | piritífero -ra | piritoso -sa | pirixel