piroclástico -ca

piroclástico -ca

(< piroclasto)

  1. adx [XEOL]

    Aplícase ao material expelido á atmosfera durante unha erupción volcánica de tipo explosivo. Pode ser emitida en estado sólido (fragmentos arrincados das paredes da cheminea volcánica) ou en estado de fusión, e neste caso solidifícase total ou parcialmente durante a traxectoria aérea. Os principais tipos de material piroclástico son, segundo unha orde decrecente de tamaño, os bloques e as bombas volcánicas, os lapilli e as cinzas.

  2. adx [XEOL]

    Que está formado por piroclasto.