pirogalol
pirogalol
Nome científico:
[1,2,3-bencenotriol,1,2,3-trihidroxibenceno:C<sub> 6</sub> H<sub> 6</sub> O<sub> 3</sub> ]
s
m
[QUÍM]
Composto fenólico cristalino incoloro que escurece pola acción da luz. É un composto relativamente ácido e o seu anión captura con gran rapidez osíxeno da atmosfera e orixina compostos oxidados de coloración escura, feito polo que as solucións alcalinas de pirogalol se empregan para eliminar o osíxeno de mesturas gasosas. É tamén empregado como antioxidante, en fotografía, na industria de colorantes e como intermediario de síntese. OBS: Tamén se denomina ácido pirogálico.