piromorfita
piromorfita
s
f
[MINERAL]
Clorofosfato de chumbo, de fórmula Pb5(PO4)3Cl, que cristaliza no sistema hexagonal. É de cor verde, amarela ou marrón, con diferentes tonalidades. Hai xacementos dela nas montañas dos Urais, en Inglaterra e en México. Na Península Ibérica, hai exemplares moi ben cristalizados en Horcajo (Ciudad Real) e en Badajoz.