Pisces

Pisces
  1. [ASTRON]

    Constelación zodiacal situada entre as de Andrómeda, Triángulo, Aries, Balea, Acuario, e Pegaso. Contén 129 estrelas visibles. O astro principal á−Piscium, é un sistema dobre situado a 130 anos luz. Dentro dos límites da constelación está o primeiro punto de Aries.Tamén se denomina Peixes.

  2. Derradeiro signo do zodíaco. A este signo pertencen os nacidos entre o 19 de febreiro e o 20 de marzo. Nos tempos de Hiparca contiña a constelación zodiacal do mesmo nome, pero como consecuencia da precesión dos equinoccios o seu lugar é agora ocupado pola constelación de Acuario. Tamén se denomina Peixes.

    Sinónimos: Peixes.