Pitágoras, táboa de
Pitágoras, táboa de
[MAT]
Táboa de multiplicación, atribuída á escola pitagórica, que dá o produto dos dez primeiros números entre eles. É unha táboa de dobre entrada, a serie dos dez primeiros números está escrita dúas veces formando a primeira vez unha liña horizontal e a segunda vez unha liña vertical. Constitúe a orixe das leis e das propiedades da multiplicación.