1 pitón

1 pitón

(

s m [ANIMAL]

Nome de diversos réptiles ofidios da familia dos boidos que pertencen aos xéneros Python, Loxocemus e Calabaria. Poden ser de tamaño pequeno ou mediano (50 cm) ou moi grandes (ata 10 m) e son as serpes que teñen o maior número de costelas e de vértebras (ata 435). O cranio é relativamente grande, con dentes moi desenvolvidos en forma de uña. En proporción ao corpo, teñen os ollos e os orificios nasais moi pequenos. A cola é curta e maciza e actúa de órgano prénsil. Aliméntase de coellos, galiñas e pequenos vertebrados, empregando a súa forte musculatura para asfixialos. Habita nas rexións tropicais de Asia, América e África, onde teñen unha vida arborícola, os máis grandes, e terrícola os medianos e pequenos. Os máis coñecidos son o pitón de Seba (Python sebae), o pitón reticular (Python reticulatus) e o pitón de Calabar (Calabaria reinhardtii).

Palabras veciñas

Pitoëff, Georges | Pitol, Sergio | pitola | 1 pitón | 2 pitón | Pitón | Pitón