Pitt, William o Novo
Pitt, William o Novo
(Hayes, Kent 28.5. 1759 - Putney Heath, Londres 23.1. 1806) Político británico, fillo de William Pitt o Vello. Representante dos whigs, foi chanceler do tesouro (1782) e primeiro ministro (1783-1801 e 1804-1806). Aliouse ás grandes potencias continentais en 1793 cando Francia lle declarou a guerra a Gran Bretaña. Despois de realizar a unión de Irlanda e Gran Bretaña (1800), dimitiu a causa da oposición de Xurxo III de Inglaterra pola medida política sobre a emancipación católica. En 1804, formou unha nova coalición bélica contra Napoleón. Morreu despois da desfeita de Austerlitz.