Pitymys

Pitymys
s f [ANIMAL]

Xénero de roedores da familia dos múridos, de medida pequena e costumes escavadores. Teñen o morro redondeado e a cola recuberta con pouco pelo e con aneis moi robustos, e non hibernan. Son nocturnos, bos escavadores, e viven en sociedade nas galerías. Pertencen a este xénero P. subterraneus, que habita nos prados húmidos e nos bosques claros ata 2.000 m de altitude de toda Europa Central e Oriental e en Serbia e Montenegro, e está presente na Península Ibérica; P. duocedimcostatus que habita no S e no SO da Península Ibérica e na zona mediterránea de Francia; e P. savii, de costumes como as de P. subterraneus, pero que habita no N e no NL da Península Ibérica e Italia.