pivote

pivote

(< fr pivot)

  1. s m [TECNOL]

    Extremo saínte dunha peza sobre o que se mantén e que lle serve para poder xirar ou oscilar.

  2. s m [DEP]
    1. Posto que desempeña un xogador de baloncesto, e o xogador mesmo, que desenvolve próximo á canastra adversaria e ao redor de quen xira o xogo do equipo ao atacar. As súas funcións básicas son: fixar ao defensor para facilitar as propias accións de rebote, lanzamento ou penetración, e apoiar aos outros xogadores mediante bloqueos directos ou indirectos, así como a distribución do xogo interior do equipo.

    2. Posto que desempeña un xogador de balonmán, e o xogador mesmo, que se desenvolve en ataque nas proximidades da liña de 6 m, en contacto directo cos defensores. As súas funcións básicas son servir de apoio ao xogador con posesión de balón, bloqueando o defensor directo do mesmo para facilitarlle as súas accións, ou continúar a xogada para poder recibir o balón en boas condicións de tiro ou penetración (bloqueo dinámico).

Palabras veciñas

piúria | piválico, ácido | pivotar | pivote | pixa | pixalleira | pixama