plan
(
-
s
m
Proxecto, idea ou intención de realiza algo, ou dunha conduta que se vai seguir.
Ex: Non sei que plan terá para estas vacacións.
-
[ECON/POLIT]
-
s
m
Conxunto orgánico de directrices e medidas políticas e económicas destinadas a resolver un problema ou unha situación determinada.
-
plan económico
Conxunto de disposicións tomadas con vista á execución dun proxecto que afecta a unha actividade económica. Segundo Charles
-
plan quinquenal
Plan económico de cinco anos de duración, establecido co fin de favorecer o desenvolvemento económico e cultural dun país e que se identifica coas políticas económicas socialistas e comunistas.
-
plan xeral de compatibilidade
Conxunto sistemático de regras, procedementos, principios de organización e recomendacións, elaborado por un organismo oficial, que han seguir todas as empresas. Aplica contablemente a lexislación mercantil e ten implicacións para as obrigas fiscais.
-
s
m
-
plan de estudos
[EDUC]
Regulamentación e programación, xeralmente de carácter oficial e obrigatorio, dos estudos que cabe levar a cabo con vistas á consecución dun título, ao seguimento duns cursos, etc.
-
plan de pensións
[ECON]
Plan de aforro a longo prazo, ao que se vai achegando un capital periódico coa finalidade de percibir, fundamentalmente no momento da xubilación, unas pensións privadas. Proporciona importantes desgravacións fiscais, e debe estar integrado nun fondo de pensións. É transferible dunha entidade a outra na procura de maiores beneficios.
-
[URBAN]
-
plan especial [PE]
Instrumento urbanístico considerado como planificación de desenvolvemeto, que ten distintos fins que complementan a planificación xeral, aínda que sen capacidade de adoptar medidas de organización integral. Existen catro tipos: plan especial de reforma interior (PERI), para a ordenación detallada de sectores urbanos antigos, plan especial de conxuntos históricos, plan especial de protección e mellora do medio físico e o medio rural, e plan especial de infraestruturas.
-
plan parcial [PP]
Figura de planificación urbanística de desenvolvemento que ten por finalidade a regulación pormenorizada do uso e aproveitamento dos terreos. Desenvolve a ordenación proposta no solo urbanizable ou no apto para urbanizar. Determina a asignación de usos pormenorizados, intensidades e tipoloxías das edificación: reservas de espazos libres e equipamentos, ademais das características e trazado das infraestruturas.
-
plan especial [PE]