Planck, teoría de
Planck, teoría de
Teoría enunciada por M. Planck (1900) co fin de atopar unha formulación que dese satisfacción á experiencia na radiación dun corpo negro, despois de fracasada a teoría clásica coa fórmula de Rayleigh-Jeans, e segundo a que calquera sistema físico en que a coordenada que o caracteriza efectúe oscilacións harmónicas simples, soamente pode ter unha enerxía total E que satisfaga a relación E=nhv, onde n é un enteiro (dito número cuántico), h a constante de Planck e v a frecuencia de oscilación. Tamén se denomina teoría dos cuantos.