planificación
(
-
s
f
Acción e efecto de planificar.
-
[ECON]
-
s
f
Acción de elaborar e executar un plan económico. A elaboración dun proxecto é o resultado da adecuación e coherencia entre os obxectivos e os recursos dispoñibles. Así, deberase considerar a compatibilidade das macromagnitudes empregando técnicas de análise ou de coñecemento, técnicas de elaboración e técnicas de xestión. A vertente técnica de elaboración, execución e control do proceso planificador asígnase á oficina ou comisaría do plan, que coa súa organización deberá resolver en primeiro lugar, se cabe unha estrutura xerarquizada, como foi o caso da Unión Soviética co Gosplan, ou unha organización de cooperación de expertos; se é conveniente separar os equipos de planificación a curto ou a longo prazo, e se é o momento de intervención no proceso de planificación das diversas forzas sociais, como son os sindicatos ou a patronal.
-
planificación estratéxica empresarial
Sistema, a medio e a longo prazo, para establecer proxectos de desenvolvemento e programas de explotación para a xestión óptima dunha empresa.
-
planificación territorial
Proceso de decisión polo que se determinan as directrices dos usos do solo, os movementos de persoas e mercancías, os equipamentos colectivos, e a ordenación da vivenda dunha área de dimensións variables e por un ciclo temporal tamén variable.
-
planificación urbanística
Ordenación sistemática, total ou parcial, dunha cidade ou dun núcleo ou conxunto de núcleos urbanos, en previsión e con programación do seu crecemento futuro.
-
s
f
-
planificación familiar
[SOCIOL]
Conxunto de métodos orientados ao control de nacementos que apareceu en EE UU na década de 1950. Representa a atención dos aspectos psicolóxicos, médicos, familiares, sociais, económicos ou demográficos que condicionan a natalidade.
-
planificación lingüística
[LING]
Conxunto de intervencións organizadas de maneira consciente e sistemática para influír sobre a forma e as funcións das variedades lingüísticas presentes nun marco social determinado. Divídese en dúas vertentes independentes e complementarias: a planificación do corpus, que comprende as intervencións sobre o mesmo código lingüístico, e que compete a actividades como a codificación (gráfica, gramatical, léxica ou da pronuncia) e a elaboración funcional (desenvolvemento do repertorio de variedades funcionais ou rexistros específicos); e a planificación do status, que se refire á asignación de funcións sociais ás diversas variedades lingüísticas, concrétase en actividades de promoción ou de regulamentación lexislativa que tenden a difundir o coñecemento ou o uso dalgunha variedade lingüística. A planificación lingüística é, polo tanto, un cambio lingüístico ou sociolingüístico dirixido. Na súa condición de disciplina autónoma, desenvolveuse, ao longo da segunda metade do s XX, como unha rama aplicada da sociolingüística, e a súa difusión produciuse sobre todo a partir da International Research Project on Language Planning Processes (IRPLPP), un amplo estudo comparativo feito entre 1969 e 1974 por un equipo de sociolingüistas, entre os que estaban J. A. Fishman, Ch. A. Ferguson e J. Rubin. O 22 de setembro de 2004 o Parlamento de Galicia aprobou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, que significa o inicio dunha política lingüística planificada que ten como obxectivo conseguir para o galego máis funcións sociais e maiores espazos de uso nos distintos ámbitos da sociedade .