plasma

plasma

(

    1. s m [FISIOL]

      Parte líquida do sangue sen coagular, que se obtén despois de separarlle os elementos celulares. Está composta por auga (90%), proteínas (de 7 a 8 g/l), glícidos, lípidos e urea. Mantén as constantes fisicoquímicas do sangue e actúa como medio de transporte de substancias nutritivas e catabólicas, da calor e das vitaminas, hormonas, anticorpos e medicamentos.

    2. plasma linfático [FISIOL]

      Porción líquida da linfa en que non hai corpúsculos.

    3. plasma xerminal [BIOL]

      Parte da materia viva dos seres pluricelulares capaz de ser transmitida, sen modificacións, de xeración en xeración a través das células xerminais e non afectada polo ambiente do individuo.

  1. [FÍS]
    1. s m

      Mestura electricamente neutra de núcleos atómicos, cargados positivamente, e electróns, sen que estes ocupen as súas órbitas atómicas, a causa da grande enerxía cinética do conxunto, que se obtén polas altas temperaturas ás que se somete (superiores a 100.000 K polo hidróxeno); por esta causa non hai materiais capaces de conter o plasma e por iso cómpre recorrer a medios non materiais, como por exemplo un campo magnético (confinamento). En metalurxia os plasmas utilízanse para o corte e a soldadura de materiais de alto punto de fusión (soprete de plasma).

    2. plasma de quarks e gluóns

      Plasma que se forma cando os constituíntes dos nucleóns se descompoñen nos seus compoñentes fundamentais, os quarks, e as partículas que as manteñen unidas, os gluóns.

Palabras veciñas

Plasenciano | plasenciano -na | plasm(o)- | plasma | plasmábel | plasmable | plasmación