plastrón

plastrón

(

  1. s m [BÉL]

    Peza da armadura que protexía o peito.

  2. s m [DEP]

    Peza de coiro acolchada que se coloca no peito e ventre para amortecer os toques de florete.

  3. s m [INDUM]

    Gravata longa que cobre parte do peito.

  4. s m [ZOOL]

    Rexión ventral da cuncha dos réptiles quelonios, con forma de lámina moi plana e formada tipicamente por nove placas óseas, que se unen co escudo ou rexión dorsal da cuncha por medio dunhas placas duras coñecidas como pontes laterais.

  5. s m [PAT]

    Zona de induración ao redor dun foco inflamatorio.

Palabras veciñas

plastómetro | plastoquímica | plastoquinona | plastrón | Plata, La | platabanda | plataforma